Evacuan en helicóptero a un home que caeu desde o alto dun silo

Os feitos ocorreron en Castrelo do Miño ► O individuo precipitouse desde seis metros de altura

Un operario resultou ferido esta tarde en Castrelo de Miño ao caer desde o alto dun silo duns seis metros de altura. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o traballador finalizou encima dun tellado a dous metros do chan.

Os feitos ocorreron no lugar da Bouza, na parroquia de Macendo. Ata alí desprazouse o helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias con base en Ourense, que evacuou ao operario ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Unha persoa particular alertou do sucedido ao 112 Galicia ao fío das 15.40 horas e, enseguida, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Protección Civil, ao GES de Ribadavia e aos Bombeiros do Carballiño.

Unha vez no lugar do accidente laboral, os servizos de urxencia baixaron do tellado ao operario e foi trasladado na aeronave a un centro hospitalario. 

Comentarios