Un incendio no Palacio da Capitanía Xeral causa preocupación en Ferrol

Os bombeiros conseguiron sufocar o lume que se orixinou baixo a cuberta do edificio, de alto valor histórico
Labores de extinción
photo_camera Labores de extinción

Un lume orixinado baixo a cuberta do Palacio da Capitanía Xeral de Ferrol causou preocupación na cidade por tratarse dun edificio de alto valor histórico que alberga no seu interior pezas de arte de gran interese. 

O incendio decretouse á primeira hora da noite deste xoves e os bombeiros conseguiron sufocalo rapidamente. 

Por agora descoñécense as causas das chamas, que se orixinaron baixo a cuberta do edificio nunha zona na que se están realizando obras.

Comentarios