Un motorista, ferido grave nun accidente en Padrón

A consecuencia do impacto producíronse algunhas retencións de tráfico

Un motorista duns 30 anos de idade resultou ferido de gravidade este sábado nunha unha colisión entre un coche e unha moto ocorrida o municipio coruñés de Padrón.

Segundo informaron fontes do operativo de urxencias, o suceso tivo lugar sobre as 16.00 horas no cruzamento da Picaraña. O ferido foi trasladado polos servizos de Urxencias Médicas 061 a un centro hospitalario de Santiago.

A consecuencia do impacto, producíronse algunhas retencións no tráfico. Unha vez recibida a alerta, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios