Un mozo e dous sesaxenarios, investigados por dous lumes en Sarreaus e Manzaneda

A Garda Civil considéraos autores dun delito de incendio por imprudencia grave
Incendio en Manzaneda
photo_camera Incendio en Manzaneda

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigado a un mozo de 30 anos e iniciais A.B.V., veciño do concello ourensán de Sarreaus, por un incendio forestal no lugar de Folgoso. Ademais, interrogou —tamén como imputados— a dous veciños de Manzaneda, sesaxenarios, por outro lume neste último municipio ourensán.

A Benemérita considera ao primeiro autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave labor o pasado 24 de maio en Folgoso. As chamas afectaron a 0,1 hectáreas de monte arboledo, segundo sinalaron fontes do instituto armado, que pasou as dilixencias ao xulgado de Xinzo de Limia.

Mentres, a Garda Civil, en colaboración co axente forestal do distrito 13, tomou declaración en calidade de investigados a T.G.G., de 69 anos, e a C.G.G., de 65 anos, ambos os veciños de Manzaneda, como presuntos autores dun delito de incendio forestal por imprudencia grave en Trabazos. Este lume rexistrado en Manzaneda afectou a 125 hectáreas de monte baixo e arboledo o pasado 2 de abril deste ano. As dilixencias instruídas foron remitidas ao xulgado de Trives.

Comentarios