Un ferido ao caer dun tellado en Lobeira

O home foi trasladado en helicóptero medicalizado ata un centro hospitalario

Un home resultou ferido este martes na o caer do tellado dunha palleira, situado a uns sete metros de altura, nunha propiedade de Vilariño, na parroquia de Monte Longo do municipio ourensán de Loberia.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 16.30 horas e, debido ás feridas, o home foi trasladado no helicóptero medicalizado con base en Ourense ata un centro hospitalario.

Tras recibir a alerta, a central de urxencias alertou ao GES de Lobios e á Garda Civil. Os profesionais do CAE 112 descartaron xa que se tratase dun accidente laboral.

Comentarios