Os universitarios de Galicia son os terceiros con peor rendemento do país

Elas aproban máis pero padecen peores datos de inserción laboral, sobre todo en traballo a tempo completo e salario. As titulacións de saúde destacan en afiliados á Seguridade Social e base media de cotización
Una clase en un aula de una facultad. AEP
photo_camera Una clase en un aula de una facultad. AEP

Galicia é a terceira autonomía na que os alumnos ofrecen un rendemento máis pobre nos graos universitarios, xa que aproban o 77,3% dos créditos nos que se matricularon, 3,2 puntos por baixo da media do país e só con Murcia e Asturias con peores resultados. Ademais, case procede enuncialo así, en masculino, porque son os homes quen tiran cara abaixo do cociente cunha porcentaxe do 70,2% –o segundo menor de España– fronte ao 82,9% que obteñen as estudantes. é a diferenza por sexos máis alta de todo o país. 

Os datos recólleos a Fundación Coñecemento e Desenvolvemento (CYD) no seu último informe autonómico sobre universidades, publicado este mércores e no que se observa que este balance de rendemento varía en función das universidades –un 80,8% de créditos aprobados na de Santiago, un 75,5% na de A Coruña e un 74,3% na de Vigo– e da carreira en cuestión, de acordo cos expedientes do curso 2020-2021. Así, por ámbitos de estudo, os alumnos galegos arroxan o quinto mellor rendemento de España en strong <>graos de Educación e a segunda de idoneidade –é dicir, a porcentaxe de estudantes que se titula no tempo teórico estipulado, graos de catro cursos–, que é do 75% fronte ao 68% do conxunto das universidades presenciais. 

Se se amplía a mirada a todas as titulacións, este último índice volve reproducir unha notable diferenza por sexos: logrou acabar a carreira sen necesitar anos extra o 53,1% das universitarias que se matricularon en Galicia no curso 2017-2018, fronte ao 28,5% dos homes. 
 

A porcentaxe de créditos aprobados é dun 80,8% na USC, dun 75,5% na UDC e dun 74,3% na UVigo"


Doutra banda, a taxa de abandono no primeiro ano de matriculación, do 17,1%, é practicamente cinco puntos inferior á media. 

Ademais, cun 24,5%, é a quinta comunidade con máis titulados en STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), así como en cantidade de mulleres apuntadas neste tipo de estudos –38%, un punto sobre a media–. 


Inserción laboral

En todo caso, contrastándoo con estes resultados de rendemento, chaman a atención as conclusións da análise en canto á inserción laboral dos universitarios en Galicia –tomadas a partir da situación en marzo de 2020 dos egresados en grao en 2014, segundo rexistros da Seguridade Social–. Porque, en termos xerais, as mulleres teñen peores resultados de inserción laboral, sobre todo nos que se refiren a traballo a tempo completo e remuneración percibida para un emprego desta modalidade. 

As estudantes traballan en maior proporción que os homes en xornada completa se cursaron títulos relacionados co sector servizos. En cambio, a diferenza máis elevada na súa contra obsérvase en artes e humanidades, onde o 38% delas traballan a tempo parcial, fronte ao 24% deles.

Os datos da fundación matizan que as graduadas en Galicia presentan uns ingresos superiores aos dos seus homónimos masculinos en educación, en strong <>artes e humanidades, e en strong<> sector primario e veterinaria. No outro lado, a brecha salarial en contra das mulleres é de case o 13% –fronte ao 8% de España– en enxeñería, industria e construción. 

Atendendo a aqueles inscritos como afiliados, o informe apunta que a situación comparada dos titulados en Galicia non é relativamente boa en negocios, administración e dereito, xa que aparece entre as cinco comunidades con menor taxa de ocupados a tempo completo; menor porcentaxe de inscritos nos grupos de cotización que lles corresponden por titulación, e menores ingresos polo traballo desempeñado. Tamén está entre as cinco con peores rexistros en dous dos tres indicadores contemplados en informática. A mellor situación comparada rexístraa en saúde, onde si aparece entre as cinco primeiras autonomías en porcentaxe de traballadores a tempo completo e non sobrecualificados

O campo coa maior porcentaxe de emprego a tempo completo é o de informática (96,8%) e o que ten tanto o maior cociente de afiliados no grupo de titulados como a maior base media de cotización anual é o da saúde –92% e 30.487 euros–. 


Investigación 

Por áreas científicas, a universidade galega destaca na investigación en enxeñería: figura entre as tres comunidades con maior taxa de publicacións en revistas de maior impacto e por documentos de excelencia con liderado. Neste último indicador tamén ocupa a terceira praza na área de bioquímica, xenética e bioloxía molecular. 

No tocante aos recursos destinados, Galicia é a quinta con maior cociente entre os gastos en I+D e os investigadores no sector do ensino superior. Tamén é a terceira en participación relativa das mulleres entre os investigadores do sector (44,4%).

Créditos baratos e prazas completas

Galicia mostra o maior cociente entre matriculados de novo ingreso: lógrase ocupar todas as prazas. Estes estudantes proceden, case todos, da propia comunidade, xa que só o 6,6% dos alumnos de grao e o 15,5% dos de máster residen fóra, a terceira menor taxa do país.

Segundo os orzamentos, as unversidades galegas destacan por ter a máis baixa recadación por prezos públicos con relación ao alumnado. Débese, en gran parte, a que ofrecen o menor prezo medio do crédito en primeira matrícula en grao e nos másteres que non habilitan para unha profesión, explica a fundación. E nos habilitantes é a segunda máis barata, detrás de Canarias. 

Profesorado envellecido 
O 23% do persoal docente e investigador (PDI) galego cumpriu xa os 60 anos e, xa que logo, está a encarar os seus últimos cursos como docente. Só queda por detrás de Canarias (24%) e supera en seis puntos a media estatal. A súa idade media pasa os 52 anos. Tamén é a segunda con menos estranxeiros. Ademais, Galicia tivo o quinto menor aumento porcentual do PDI en valor absoluto entre os cursos 2016-2017 e 2020-2021.