O actual alcalde da cidade de Ourense, co Partido Popular, Jesús Vázquez Abad, confirmou nun vídeo colgado nas súas redes sociais a súa decisión de presentarse como candidato nas eleccións municipais de 2019.
Asegura que "adora" a cidade, vívea "intensamente e que é "un namorado" de Ourense
"Facer máis Ourense. Porque quero e porque vivo a miña cidade e quero defender os intereses da mesma ante todas as administracións e transformar esta cidade. Hai proxecto, hai equipo, hai ganas e hai ilusión", proclamou Jesús Vázquez na gravación que colgou nos seus perfís persoais nas redes sociais de Twitter, Facebook e Instragram, e na que confirma a súa candidatura, xa anunciada no pleno municipal do pasado venres.
Na gravación, editada con música de fondo, Vázquez Abad fala á cámara, sentado, nun parque. Por seguir "traballando esa transformación para que todos e cada un dos nosos veciños mostren con orgullo a súa satisfacción e podamos resolver os seus problemas.
Quero e amo a Ourense. Forza Ourense", conclúe o vídeo no que anuncia a súa candidatura.
A publicación, realizada a media tarde deste domingo, complétase co texto no que asegura que "adora" a cidade, vívea "intensamente e que é "un namorado" de Ourense. "E téñovos a vós, que día a día me animades a seguir loitando polo que é noso: #Ourense!", conclúe en Facebook.