Vázquez Taín sacará un novo libro en 2019 sobre o narcotráfico nas Rías Baixas

O xuíz cre que a disparidade de criterios xudiciais pode conducir " desafección" cara á xustiza

Vázquez Taín, durante la conferencia de Alar, en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Vázquez Taín, en Lugo. VITORIA RODRÍGUEZ

O xuíz ourensán José Antonio Vázquez Taín admitiu que a "disparidade de criterios xudiciais" pode conducir á cidadanía " desafección" cara á xustiza. Así o expresou antes de participar nunha conferencia organizada por Alar en Lugo sobre Muller, menores, exlcusión e violencia.

Ante a situación de indefinición do Supremo coas hipotecas, o tamén escritor xustificou que "o que se está tratando de facer é de unificar criterios". "Na xustiza somos moitos xuíces, aínda que non o pareza, somos 5500 e cada un pode ter unha idea determinada e hai algunhas cousas sensibles en que as ideas non coinciden. Entón o que tratamos é de unificar", despachou. 

O xuíz que levou casos tan mediáticos como o roubo do Códice Calixtino ou o crime de Asunta apresurouse en aclarar que "esta postura é do contencioso-administrativo non do civil, despois aínda se terían que pronunciar os tribunais civís". 

"É normal que teñamos debate, nós temos precisamente que innovar fronte ás posturas de antes en que eramos máis inmóbiles e agora aparece xente nova, sabia nova, que quere modificar cousas e iso sempre está ben", subliñou. 

Sexa como sexa, sobre a "disparidade" de criterios á hora de abordar quen se fai cargo dos impostos das hipotecas, e que podería levar " desafección" cara á xustiza, admitiu que "si", para seguidamente deslizar que os xuíces "non teñen que gañar o respecto facendo que as nosas resolucións sexan acertadas". 

"O gañarnos o respecto non é dun día, ou de dous, é de anos demostrando que sabemos coller a sensibilidade do pobo e dar resposta ás necesidades do pobo con resolucións que sirvan para algo, non resolucións simplemente doctrinales que sexan moi bonitas", reflexionou.

NOVO LIBRO EN 2019. Finalmente, o xuíz confirmou que espera sacar un novo libro o próximo ano, leva xa cinco, respecto "do que aconteceu nas Rías Baixas": "Eu penso que nunca se falou diso e hai que pór algo de memoria histórica encima da mesa". 

Taín, que estivo destinado en Vilagarcía de Arousa combatendo o narcotráfico galego nos 90, constatou que se están "cometendo os mesmos erros" en canto ao traslado destas redes de narcotráfico a Andalucía. 

"Está a volverse a cometer os mesmos erros de pensar que determinados fenómenos mentres non teñan mortos non son perigosos, e o malo é que cando chegan os mortos é tan grande o fenómeno que hai que loitar contra o con todos os medios", alertou o xuíz que agora está destinado na Coruña.

Comentarios