O vento porá en alerta todo o litoral galego este domingo

O sábado rexistráronse case 60 incidencias, a maioría na Coruña

Día de viento y lluvia. PEPE FERRÍN
photo_camera Día de vento e choiva. PEPE FERRÍN

Refachos de vento moi fortes porán en estado de risco os litorais de Lugo, A Coruña e Pontevedra, segundo advirte a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

Segundo informa Meteogalicia, a partir das 21.00 horas do sábado comezará o aviso amarelo no litoral por ventos de componiente oeste, con forza 7 e con algún intervalo de 8. A alerta permanecerá activa ata o luns.

Ademais, as temperaturas irán en descenso na área cantábrica occidental e norte de Aragón e en aumento no resto da Península e Baleares. Neste marco de subidas e baixadas no mercurio, Lugo leva a peor parte, dado que se espera que rexistre a temperatura mínima penínsular, chegando a un grao baixo cero. 

Case 60 incidencias o sábado, a maioría na Coruña
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xestionou case 60 incidencias relacionadas co temporal entre as 11,00 e as 18,00 horas deste sábado. 

Segundo informa o servizo, a da Coruña é a provincia máis castigada pola meteoroloxía adversa, cun total de 41 incidencias xestionadas. Seguen a esta Pontevedra, con 11; Lugo, con cinco; e Ourense, con tres. 

Así, as principais incidencias tiveron que ver con inundacións de estradas (10), restos de accidentes e obxectos nas vías de circulación (9) e prevención de riscos (5). 

Por municipios, a cidade da Coruña destaca con once incidencias, seguida dos termos municipais de Oleiros e Camariñas, con catro respectivamente. Na provincia de Pontevedra, destaca Vigo con tres. 
 

Comentarios