Un vigués recupérase tras perseguilo unha nube de velutinas e sufrir 37 picadas

Os bombeiros non puideron desactivar o niño e precintaron a silveira

José Ángel Costas. TVG
photo_camera José Ángel Costas. TVG

Un vigués que sufriu 37 picadas de avispa velutina cando traballaba nunha leira pasou dous días no Hospital Álvaro Cunqueiro. 

O incidente ocorreu cando José Ángel Costas esmagou co seu tractor unha silveira baixo a que estaba o niño de avispas. Estas picáronlle por todo o corpo e producíronlle unha inflamación na gorxa que case non lle deixaba respirar.

Este veciño de Cabral, que aínda ten marcas por todo o corpo, explicaba así o sucedido na TVG: "Viñeron detrás de min e grazas que veu ambulancia pronto e non son alérxico; se non, morro". 

Os bombeiros non puideron desactivar o niño e precintaron o zarzal. 

O zarzal, precintado. TVG

Comentarios