Vueling cancela un voo de Barcelona á Coruña
09 de agosto de 2018 (14:33 h.)
Algúns dos pasaxeiros foron recolocados na conexión a Vigo
A aeroliña Vueling cancelou este mércores pola noite un voo que conectaba Barcelona coa Coruña. A compañía asegurou que fora anulado por motivos "operacionais".
Para pasar a noite, a aeroliña enviou en autobús aos pasaxeiros a un hotel de Santa Coloma.
Algúns dos pasaxeiros foron recolocados noutros voos á Coruña mentres que outros deberán viaxar ata Vigo desde a capital catalá para despois desprazarse á Coruña.