Vueling cancela un voo de Barcelona á Coruña

Algúns dos pasaxeiros foron recolocados na conexión a Vigo

Un grupo de pasajeros ante un mostrador de facturación de Vueling. ALBERTO ESTÉVEZ (EFE)
photo_camera Un grupo de pasaxeiros ante un mostrador de facturación de Vueling. ALBERTO ESTÉVEZ (EFE)

A aeroliña Vueling cancelou este mércores pola noite un voo que conectaba Barcelona coa Coruña. A compañía asegurou que fora anulado por motivos "operacionais".

Para pasar a noite, a aeroliña enviou en autobús aos pasaxeiros a un hotel de Santa Coloma.

Algúns dos pasaxeiros foron recolocados noutros voos á Coruña mentres que outros deberán viaxar ata Vigo desde a capital catalá para despois desprazarse á Coruña.

Comentarios