A Xunta destaca a súa aposta mellorar a competitividade das empresas pesqueiras

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destaca que o seu departamento destinou máis de 18,4 millóns de euros para pór en marcha de 50 proxectos

Rosa Quintana. AEP
photo_camera Rosa Quintana. AEP

A Xunta destacou a súa aposta por mellorar a competitividade das empresas da pesca e conseguir o maior nivel de diversificación e diferenciación da oferta, así como modernizar tecnoloxicamente os procesos de produción e distribución.

Así o destacaron este venres o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita ao grupo Linamar, situado no porto de Tragove, en Cambados, que resultou beneficiario dunha axuda da Xunta para mellorar os seus procesos de produción e venda.

Neste sentido, a conselleira do Mar trasladou que, para este labor, o seu departamento destinou máis de 18,4 millóns de euros para a posta en marcha de 50 proxectos ao amparo das axudas para a transformación e comercialización de produtos de pesca, do marisqueo e da acuicultura.

Así, Rosa Quintana trasladou que, precisamente, o grupo Linamar foi beneficiario dunha destas subvencións por importante de máis de 3,3 millóns de euros. Unha axuda dirixida a lanzar novos produtos innovadores e introducir novos sistemas de xestión, organización e medidas de aforro enerxético.

Segundo explicou a titular do Mar, este grupo xa realizara un forte investimento para dar maior valor engadido aos produtos e situarse con solidez no mercado e, para iso, contou cunha achega global da Xunta de 1,5 millóns de euros entre 2012 e 2014.

Estas subvencións, conforme sinalou, concédense para impulsar a mellora da eficiencia enerxética, reducir o impacto no medio ambiente e promover a innovación e a modernización tecnolóxica dos procesos de produción e distribución. Tamén buscan a mellora das condicións de traballo e de seguridade dos traballadores e da competitividade da empresa. 

Comentarios