A Xunta multará con ata 150.000 euros as pintadas a monumentos protexidos

Feijóo advirte que a sanción poderá chegar ao millón de euros en caso de desfeitas "irrecuperables"

Pintada vandálica en la Catedral de Santiago.AEP
photo_camera Pintada vandálica na Catedral de Santiago.AEP

A Xunta prevé que as pintadas e grafitis en edificios catalogados Bens de Interese Cultural (BIC) ou parcialmente protexidos, así como na súa contorna delimitada por lei, estean castigadas con multas que oscilarán entre os 300 e os 150.000 euros.

Así o prevé o borrador do anteproxecto de lei de Rehabilitación e Rexeneración de vivenda de Galicia, que será enviado ao Consello Económico e Social (CES) para o seu informe, previo paso ao seu envío ao Parlamento galego.

O texto presentado este xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do Executivo autonómico, supón dadrlle unha "volta" ao texto orixinal tras o trámite de alegacións.

As multas, ademais, poderán chegar a un millón de euros para casos de desfeitas "irrecuperables".

Entre outras novidades, destacou, ademais das multas, axilizarase a tramitación para recuperar inmobles na contorna de camiño de Santiago, nos núcleos rurais e nos centros históricos.

Deste xeito, todos aqueles inmobles que non estean catalogados como BIC ou parcialmente protexidos non necesitarán licenza de Patrimonio, senón unicamente municipal, o que permitirá que este departamento autonómico da Xunta "reduza entre un 30 e un 40 % a tramitación de expedientes".

Segundo o presidente galego, anualmente tramítanse entre 3.000 e 3.500 expedientes deste tipo. 

Comentarios