A Xunta prohibe desde este luns as queimas agrícolas e forestais

Existen un "alto risco" de incendio

Imagen de una quema de rastrojos. EP
photo_camera Imaxe dunha queima de restrollos. EP

A Consellería de Medio Rural informou de que as queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas desde este luns -día 25 de marzo- en Galicia, o que implica que tamén quedan en suspenso os permisos xa concedidos, de modo que as comunicacións e autorizacións de queimas carecen xa de validez.

A Xunta de Galicia informou desta decisión logo de avaliar a situación da climatoloxía na comunidade autónoma e tras analizar de forma pormenorizada os diferentes "indicadores técnicos que inciden no risco de incendio" na tempada de alto "risco".

Ademais, a Consellería de Medio Rural pide "a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento". Insiste, nese sentido, en que a partir deste luns "non está permitido o uso de lume para ningunha actividade agrícola ou forestal".