A Xunta sobe nun 25 % as axudas para protección de animais abandonados

Así llo trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, ao coordinador da Asociación animalista Libera

Protectora de animales. XESÚS PONTE
photo_camera Protectora de animais. XESÚS Ponte

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementará nun 25 por cento o importe das axudas que se convocarán en 2019, para a protección e coidado de animais abandonados.

Así llo trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, ao coordinador da Asociación animalista Libera, Rubén Pérez, co que mantivo unha reunión de traballo.

A directora xeral destacou que a Lei de protección e benestar animal, que está en vigor desde este ano, establece unha orde de axudas para a atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados ou formen parten de colonias felinas reguladas.

Grazas a estes incentivos poderán sufragarse os custos de esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción, entre outros.

Comentarios