Alejandro Sanz di que soñou un final da súa xira española perfecto e logrouno

"Pechar os ollos, imaxinar un peche da Xira perfecto. Abrilos e telo", escribiu en Twitter

Portada del nuevo disco de Alejandro Sanz.
photo_camera Portada do novo disco de Alejandro Sanz.

O músico Alejandro Sanz confesou que soñou cun final perfecto para a clausura da xira española do seu álbum máis recente, titulado sinxelamente El Disco, e así sucedeu, sinalou, co seu concerto no Monte do Gozo.

"Pechar os ollos, imaxinar un peche da Xira perfecto. Abrilos e telo. Grazas, sodes esa maxia que se busca e poucas veces se atopa", escribiu na súa conta oficial de Twitter.

Nunha mensaxe previa, deixou constancia de que lle quedou "claro" que quen vai a Galicia, volve. "Máis dunha parte de min queda convosco. Síntome enmeigado e así quero seguir. Grazas Santiago por ensinarme que estades feitos de maxia".

Máis de vinte mil persoas acudiron ao seu recital en Compostela.

Comentarios