Baño de masas para Bradley Cooper que presenta 'A Star is Born' no Festival de San Sebastián
A película, que se presenta este sábado en San Sebastián, chegará ás salas o vindeiro venres 5 de outubro
Bradley Cooper pisou a alfombra vermella do Festival de Cine de San Sebastián para presentar a película 'A Star is Born', na que é actor e director.
Na rolda de prensa, Cooper recoñeceu, entre risas, que "facer un remake de 'A Star is Born' non foi unha boa idea para unha primeira película".
REMAKE. Desde a primeira versión de 1937, "A Star is Born", escrita por William A. Wellman e dirixida por Robert Carson, esta historia de superación tivo varias reinterpretacións, a máis famosa, de George Cukor, con Judy Garlarnd e James Mason, en 1954.
Despois, Frank Pierson deu a súa versión musical da historia, introducindo cambios como que o protagonista fose un músico e non un actor, como no orixinal.
O intérprete confesou que a súa máxima é que "todo na película sexa persoal", de aí a importancia da banda sonora, composta en parte pola propia Lady Gaga, indicou.
A película, que se presenta este sábado en San Sebastián, chegará ás salas o vindeiro venres 5 de outubro.