Baño de masas para Bradley Cooper que presenta 'A Star is Born' no Festival de San Sebastián

A película, que se presenta este sábado en San Sebastián, chegará ás salas o vindeiro venres 5 de outubro

Bradley Cooper a su llegada a la presentación de 'A star is born'. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)
photo_camera Bradley Cooper á súa chegada á presentación de 'A star is born'. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)

Bradley Cooper pisou a alfombra vermella do Festival de Cine de San Sebastián para presentar a película 'A Star is Born', na que é actor e director. 

Na película tamén participa a artista Lady Gaga. "Todo o mundo que a coñece como intérprete sabe que ela é unha das grandes artistas do noso tempo e sempre o dá todo", afirmou Cooper, quen só se arroga o mérito de haberlle "creado as condicións para crear eses momentos fermosísimos e auténticos" que regalou" a xenuína cantante.

Na rolda de prensa, Cooper recoñeceu, entre risas, que "facer un remake de 'A Star is Born' non foi unha boa idea para unha primeira película".

REMAKE. Desde a primeira versión de 1937, "A Star is Born", escrita por William A. Wellman e dirixida por Robert Carson, esta historia de superación tivo varias reinterpretacións, a máis famosa, de George Cukor, con Judy Garlarnd e James Mason, en 1954.

Despois, Frank Pierson deu a súa versión musical da historia, introducindo cambios como que o protagonista fose un músico e non un actor, como no orixinal.

O intérprete confesou que a súa máxima é que "todo na película sexa persoal", de aí a importancia da banda sonora, composta en parte pola propia Lady Gaga, indicou.

A película, que se presenta este sábado en San Sebastián, chegará ás salas o vindeiro venres 5 de outubro. 
 

Comentarios