O cantante de Coldplay calma a unha multitude en pánico que cría estar ante un ataque terrorista

Os asistentes a un festival creron ouvir disparos polo que se produciu unha estampida en pleno Central Park, en Nova York. En realidade, só caeran uns valos

Chris Martin. MSNBC
photo_camera Chris Martin. MSNBC

O pánico apoderouse das persoas que asistían ao Global Citizen Festival en Central Park, Nova York. Un valo caeu ao chan e varias persoas confundiron ese ruído co estrondo dunha arma. E desatouse o caos. A multitude creu estar a sufrir un ataque terrorista e comezou a correr e a gritar.

 

Ante esta situación, e contando coa invitación das autoridades policiais, o cantante de Coldplay, Chris Martin, subiu ao escenario para dirixirse ao público e pedir calma. "Estades todos seguro. Non houbo disparos. Foi a caída dun valo", explicou o artista. Os medios norteamericanos coinciden en sinalar que o ocorrido mostra o medo interiorizado da cidadanía estadounidense a ataques terroristas ou tiroteos masivos. 

Comentarios