Christian Gálvez fala sobre o día en que Matthew McConaughey lle quixo pegar

O presentador de Pasapalabra foi o protagonista xunto a Almudena Cid da última entrega de Mi casa es la tuya

Gálvez con Osborne. TELECINCO
photo_camera Gálvez con Osborne. TELECINCO

Christian Gálvez e Almudena Cid foron os protagonistas da última entrega de Mi casa es la tuya, de Bertín Osborne. Nese contexto, o presentador de Pasapalabra contou algunhas curiosidades sobre a súa vida, como o día en que o actor Matthew McConaughey lle quixo pegar.

Foi cando Gálvez era reporteiro de Caiga quien caiga, e tivo que ir cubrir a premiere de Volver, a película de Almodóvar protagonizada por Penélope Cruz, naquel tempo parella do intérprete estadounidense.

"A nosa relación con ela era marabillosa pero na película Volver ela levaba un traseiro postizo, polo que me fixeron comprobar en directo se ese día o levaba ou non. Toqueille o cu e veu Matthew McConaughey a defendela. Era moi alto, deuse a volta, abriu a man pero Penélope paroulle os pés explicándolle que eu era amigo seu e que o programa era un dos mellores de España", segundo recolle Chance.

Comentarios