Mediaset confiou en Jesús Vázquez como encargado de dar a benvida ao 2020. O galego, presentador de programas como Quedo contigo e o futuro talent Idol Kids, converterase no rostro que das badaladas deste fin de ano.
O compañeiro de Jesús Vázquez para anunciar a chegada ao novo ano aínda está por confirmar. Nun primeiro momento, corría o rumor de que podería ser Isabel Pantoja a que o acompañase, pero segundo Fórmula TV, "non está previsto que a Pantoja presente as badaladas".