Julián Contreras e seu pai, desafiuzados
22 de septiembre de 2018 (21:10 h.)
O fillo de Carmina Ordóñez levaba varios meses sen pagar o aluguer
Non son bos tempos para Julián Contreras Ordóñez. A pesar de que acaba de fichar como colaborador polo programa Corazón, presentado Anne Igartiburu en TVE, os problemas económicos aínda non se acabaron para el.
Julián Contreras e seu pai recibían este venres, segundo adianta a revista Semana, unha orde de desafiuzamento por falta de pagamento do aluguer durante varios meses.
Uns duros momentos aos que suma a falta de relación cos seus dous irmáns, Fran Rivera e Cayetano Rivera.