Sabela Ramil, a cantante das Pontes, seguirá polo menos outra semana máis en Operación Triunfo. A galega xogábase a expulsión con Marta e sacou todo o seu talento entoando El cuarto de Tula, dos cubanos Boa Vista Social Club. O público apoiou a súa continuidade cun 64% dos votos.
A súa rival, que era a terceira vez que estaba nomeada, interpretou One more try, de George Michael, que lle valeu os afagos de Joe Pérez. "Marta, esta noite realizaches a mellor actuación do teu paso por Operación Triunfo". De Sabela valorou unha vez máis a súa "progresión" desde que empezou o talent show. A galega recibiu ademais a visita en estudio do seu noivo, Jesús Cañizares.
Un dos protagonistas da gala foi Alfred, que visitou o plató. O xurado, tras dar as súas puntuacións, elixiu a Natalia como a primeira finalista desta edición. E, desde a Academia, foi elixido Famous. Ambos cruzaron a pasarela.
Os outros dous finalistas elixiranse na gala 12. O terceiro elixirao o xurado, mentres que o cuarto será cousa do público, que poderá votar durante o programa. Os concursantes decidirán as cancións que interpretan nesta gala. Sabela terá como rivais a Julia, Miki e Natalia na súa loita por converterse en finalista.
ð??? Estamos a revivir a visita da \
alfredgarcia a Academia de Operación Triunfo ð???. Canta maxia... #OT18Gala11 < href="https://t.co/v8JUUJj6Yc">pic.twitter.com/v8JUUJj6Yc<> — OT 2018 (\ OT_Oficial) 5 de decembro de 2018<>