Detido un vagabundo español polo asasinato de dous xubilados no sur de Francia

Os corpos das vítimas presentaban feridas de coitelo e machada

Un vagabundo español foi detido no sur de Francia como principal sospeitoso de asasinar a dous xubilados, que foron atopados sen vida nunha granxa na localidade de Saint-Marcel-lès-Sauzet.

Os cadáveres dunha muller de 84 anos e dun home de 68 foron achados por unha asistenta o pasado 19 de xuño. Segundo informa El Mundo, os corpos presentaban feridas de coitelo e machada e estaban ocultos baixo varias mantas. 

O ADN do español e das dúas vítimas foi atopado nunha botella rota e unha machada, que foi achada nun alpendre preto da casa. 

A Policía investiga cal foi o móbil do crime. 

Comentarios