A Interpol anuncia a dimisión "con efecto inmediato" do seu presidente

Meng Honwei foi detido na China por unha suposta "violación da lexislación estatal"

Hongwei Meng. EFE
photo_camera Hongwei Meng. EFE

A organización internacional de policía Interpol anunciou este domingo que recibiu a renuncia "con efecto inmediato" do seu presidente, o chinés Meng Honwei, que foi detido na China por unha presunta "violación da lexislación estatal".

"O Secretariado Xeral de Interpol en Lyon (Francia) recibiu hoxe a dimisión do señor Meng Honwei como presidente de Interpol con efecto inmediato", sinalou o organismo nun comunicado difundido a través da súa conta en Twitter.

No seu lugar asume de forma interina a presidencia da organización o coreano Kim Jong Yang, ata agora vicepresidente senior no Comité Executivo de Interpol.

Comentarios