Obama e Raúl Castro reuniranse en Nova York

Este martes os presidentes de Estados Unidos e Cuba terán o seu segundo encontro para a normalización das relacións bilaterais entre ambos os países
El presidente de los Estados Unidos durante su intervención en la ONU
photo_camera El presidente de los Estados Unidos durante su intervención en la ONU

O presidente de EE.UU., Barack Obama, reunirase co mandatario de Cuba, Raúl Castro, o martes en Nova York, onde ambos participarán nos debates da Asemblea Xeral anual da ONU, segundo anunciou hoxe a Casa Branca.

Este segundo encontro entre os mandatarios prodúcese dentro do camiño que iniciaron en decembro de 2014 cara á normalización das relacións bilaterais entre ambos os países e a restauración dos lazos diplomáticos entre EE.UU. e Cuba. 


Tras conversar por teléfono a semana pasada, en vésperas da visita do papa Francisco a ambos os países, xa era soada a posibilidade dunha segunda reunión. Finalmente confirmouno a Casa Branca. A reunión bilateral entre Obama e Castro comunicouse aos xornalistas no Air Force One rumbo a Nova York, onde o presidente estadounidense chegou hoxe sobre as 11:30 hora local (15.30 GMT).

Os dous líderes intervirán este luns ante a Asemblea Xeral anual de Nacións Unidas.

Castro xa está en Nova York, onde este sábado se estreou na ONU e reclamou o fin do embargo estadounidense sobre Cuba

Comentarios