Festa da 'Faba' de Lourenzá
06 de junio de 2008 (00:18 h.)
A “Festa dá Faba” de Lourenzá (Lugo), declarada de interese turístico galego, celébrase sempre o primeiro domingo de outubro.
Con motivo da festa, produtores de fabas de toda a comarca da Mariña danse cita na localidade. O público asistente consúmeas acompañadas de bebidas como a sidra e o viño.
Os organizadores calcularon que na edición de 2007 vendéronse en Lourenzá ao redor de medio millón de quilos de fabas, a prezos de entre 5,5 e 8 euros o quilo.
Segundo datos de 2007, no rexistro de produtores había entón unhas 470 explotacións inscritas, emprazadas en toda a Mariña lucense, cunha superficie de cultivo que roldaba as 200 hectáreas.