Ferida unha persoa nunha colisión entre dous vehículos en Betanzos
25 de febrero de 2017 (15:33 h.)
O accidente produciuse ao redor das doce do mediodía deste sábado
Unha persoa resultou ferida na mañá deste sábado nunha colisión entre dous vehículos ocorrida na localidade coruñesa de Betanzos.
Segundo a información da Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11.45 horas no núcleo urbano de Betanzos. Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao Hospital da Coruña.