Ferida unha persoa nunha colisión entre dous vehículos en Betanzos

O accidente produciuse ao redor das doce do mediodía deste sábado

Unha persoa resultou ferida na mañá deste sábado nunha colisión entre dous vehículos ocorrida na localidade coruñesa de Betanzos.  

Segundo a información da Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11.45 horas no núcleo urbano de Betanzos.  Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao Hospital da Coruña.

Comentarios