Intervalos nubrados e subida das temperaturas este domingo en Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os termómetros roldarán os 30 graos en case todas as grandes urbes galegas

Galicia estará marcada este domingo pola presenza dunha fronte fría que se situará no oeste de Portugal e enviará nubes medias e altas, polo que se espera unha xornada de ceos con intervalos de nubes altas en xeral e con nubes medias a partir do mediodía na metade occidental. 

As temperaturas experimentarán unha subida moderada, especialmente nos valores máximos, e o vento soprará solto do sueste.  Así, na capital lucense os termómetros oscilarán entre os 13 graos de mínima e os 29 de máxima, mentres que en Ourense alcanzaranse os 33 graos.