Galicia estará marcada este domingo pola presenza dunha fronte fría que se situará no oeste de Portugal e enviará nubes medias e altas, polo que se espera unha xornada de ceos con intervalos de nubes altas en xeral e con nubes medias a partir do mediodía na metade occidental.
As temperaturas experimentarán unha subida moderada, especialmente nos valores máximos, e o vento soprará solto do sueste. Así, na capital lucense os termómetros oscilarán entre os 13 graos de mínima e os 29 de máxima, mentres que en Ourense alcanzaranse os 33 graos.