Lixeiro ascenso dos termómetros nun mércores con poucas nubes
20 de agosto de 2019 (22:59 h.)
As previsións meteorolóxicas anuncian un mércores con certa inestabilidade no ceo galego, aínda que estará pouco nubrado ou despexado boa parte da xornada. A principal excepción estará nas zonas altas, onde poden chegar a rexistrarse chuvascos tormentosos pola tarde.
Nos termómetros, mentres, notarase un lixeiro ascenso das temperaturas, que chegarán aos 31 graos en Vigo e Ourense. As mínimas moveranse entre os 13 de Lugo e os 19 da cidade olívica.