Lixeiro ascenso dos termómetros nun mércores con poucas nubes

Mapas de previsión para este miércoles. METEOGALICIA
photo_camera Mapas de previsión para este mércores. METEOGALICIA

As previsións meteorolóxicas anuncian un mércores con certa inestabilidade no ceo galego, aínda que estará pouco nubrado ou despexado boa parte da xornada. A principal excepción estará nas zonas altas, onde poden chegar a rexistrarse chuvascos tormentosos pola tarde.

Nos termómetros, mentres, notarase un lixeiro ascenso das temperaturas, que chegarán aos 31 graos en Vigo e Ourense. As mínimas moveranse entre os 13 de Lugo e os 19 da cidade olívica.