Michelle Jenner confirma o seu embarazo

A actriz agradeceu as felicitacións pola súa maternidade na presentación de 'Miamor perdido'

Os rumores sobre o posible embarazo da intérprete Michelle Jenner confirmábanse durante a presentación de Miamor perdido, a película que protagoniza xunto a Dani Rovira.

Os medios alí presentes dirixíronse á actriz para felicitala pola súa maternidade e esta terminou por responderlle á revista ¡Hola!: "Estou moi contenta, moitas grazas".  Preguntada polo sexo do bebé, dixo que lle "dá igual, que veña ben". 

Polo momento, Jenner, que forma parte do elenco de La sombra de la ley do monfortino Dani de la Torre, non publicou nada respecto diso nas súas redes sociais, algo que non é de estrañar, xa que a actriz tamén é bastante discreta coa súa relación de parella.