The Kinks planean reunirse 20 anos logo da súa separación

Ray Davies confesouse optimista con esta posibilidade nunha entrevista a Channel 4

Ray Davies. AEP
photo_camera Ray Davies. AEP

O cantante e líder da banda británica The Kinks, Ray Davies, anunciou que planea volver gravar e actuar cos antigos integrantes do grupo, Dave Davis (guitarra) e Mick Avoy (batería), tras máis de 20 anos de separación.

Nunha entrevista coa canle británica Channel 4, Davies, de 74 anos, explicou que volveu a ensaiar no estudo co seu irmán Dave e con Avoy, o que levou ao trío a decidir que van facer "un novo álbum de The Kinks".

"O problema é que os outros dous membros, o meu irmán e Mick, nunca levaron moi ben. Pero fixen que funcione no estudo e iso acendeume, fíxenlles tocar con enerxía", sinalou o músico, autor de clásicos do rock como You Really Got Me e A Well Respected Man.

O cantante e compositor indicou que conserva diversos temas que escribiu antes de que a banda se disgregara, en 1996, e que considera que este é un "momento apropiado" para gravalos.

Afirmou ademais que un dos impulsos que lle inspirou" para volver reunir ao grupo é a última xira de The Rolling Stones, liderados por Mick Jagger, tamén de 74 anos.
"é inspirador ver como o fan", dixo o cantante, que matizou que o seu regreso ao estudo e os escenarios "non estará tan ben organizado" como as xiras de The Rolling Stones.

"The Kinks probablemente tocarán nun bar local", asegurou Davies, que en 1964 formou unha banda que publicou ata agora 24 álbums de estudo.

Comentarios