O incendio de Vilariño de Conso está controlado tras queimar 50 hectáreas

O lume iniciouse ás oito da mañá e nel traballaron un axente e tres brigadas

A Consellería de Medio Rural deu por controlado o incendio de Vilariño de Conso, en Ourense, tras queimar unhas 50 hectáreas.

O incendio comezou ás 8.24 horas deste sábado na parroquia de Pradoalbar e está controlado desde as 16.03 horas, informa o departamento autonómico nun comunicado.

Nas tarefas de control e extinción traballan dous axentes, catro brigadas, unha motobomba e dous helicópteros.

Comentarios