Arde un piso dun edificio ocupado ocasionalmente por indixentes en Betanzos

A causa puido ser unha cabicha. Non houbo que lamentar danos persoais

Un edificio de tres pisos deshabitado aínda que ocasionalmente ocupado por indixentes viuse afectado esta madrugada polas chamas no seu primeiro piso a causa posiblemente dunha cabicha, pero no que non houbo que lamentar danos persoais, informa Urxencias 112.

O lume comezou sobre as cinco desta madrugada na rúa Saavedra e calcinou un colchón, unha cama e unha persiana.

O 112 Galicia avisou a Urxencias Médicas, os Bombeiros de Betanzos, a Policía Local e Protección Civil da localidade.

Os efectivos do parque comarcal confirmaron que o lume se iniciou no primeiro piso e que non afectou o resto das vivendas.

Comentarios