Asisten un home alérxico pola picadura dunha avispa en Toén

A vítima, que estaba a traballar nun monte, necesitou asistencia médica urxente

Un home alérxico resultou afectado este xoves pola picadura dunha avispa cando traballaba nunha zona de monte no termo municipal de Toén, polo que necesitou asistencia médica.

Segundo informou o 112 Galicia, o equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense atendeu o home afectado pola picadura dunha avispa. As mesmas fontes concretaron que o home, que estaba a traballar nunha zona de monte na parroquia de Trelle, en Toén, é alérxico e necesitou asistencia médica urxente.

Os feitos sucederon uns minutos antes das 10.00 horas. Foi un compañeiro do afectado o que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, tras o que o persoal do centro de urxencias avisou aos servizos sanitarios de urxencia, que enviaron o helicóptero medicalizado. Tamén foron informados os membros do GES de Ribadavia, voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil. O helicóptero tomou terra na base que teñen na zona os equipos de extinción de lumes forestais.

Comentarios