Buscan aos catro encapuchados que asaltaron á tres anciás na súa casa de Bande

As irmás tiñan entre 79 e 81 anos de idade ► Os ladróns cortáronlle a conexión telefónica e levaron 200 euros

A Garda Civil busca a catro homes que na madrugada do sábado ao domingo asaltaron na súa vivenda do municipio de Bande, Ourense, a tres irmás de entre 79 e 81 anos de idade, unha delas discapacitada.  

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, os feitos sucederon pasadas as 23.00 horas do sábado cando as tres mulleres estaban deitadas na súa casa en Bande e ouviron un ruído.  

As mesmas fontes relataron que os asaltantes pegaron a dous das mulleres, salvo á que padece discapacidade, para que lles desen o diñeiro que tiñan. Finalmente os asaltantes fuxiron con 200 euros.  

Antes de abandonar a vivenda, os encapuchados, que falaban en galego, segundo manifestaron as vítimas, cortaron o teléfono da vivenda para que non puidesen pedir auxilio.

ATENCIÓN SANITARIA. Así, non foi ata a mañá do domingo cando as mulleres puideron avisar a un familiar, que as levou ao momento de Atención Continuada (PAC) da zona para recibir asistencia sanitaria.  

O Instituto Armado abriu unha investigación para localizar aos catro homes encapuchados que asaltaron a estas tres mulleres na súa vivenda.

Comentarios