Os Bombeiros de Lugo apagaron na madrugada deste xoves un incendio que queimou por completo un turismo e provocou danos no lateral do vehículo contiguo cando permanecían estacionados na zona urbana da cidade. Afortunadamente, non houbo feridos.
Ata o lugar desprazáronse os efectivos do parque municipal e axentes da Policía Local, segundo informa o 112 Galicia.
Un incendio calcina dous vehículos estacionados nunha rúa en Lugo
Os bombeiros apagaron o lume de madrugada. Afortunadamente, non houbo feridos