Detida unha persoa en Oroso por incendiar varios colectores do lixo

Os feitos producíronse de forma continuada desde a madrugada do día 25 ata a deste venres

A Garda Civil detivo a unha persoa como presunta autora dun delito continuado de danos tras incendiar intencionadamente varios colectores do lixo na Rúa de Portiño na poboación de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso, durante a madrugada do día 25 ata a deste venres.

Segundo informou o Instituto Armado, a Garda Civil do Posto Ordes e do de Sigüeiro procederon á detención de O.M.V. como presunta autora dun delito continuado de danos tras incendiar intencionadamente varios colectores de lixo na Rúa de Portiño.

Os feitos iniciáronse por mor da denuncia de varios veciños, incluso un deles tivo que sufocar o incendio cunha mangueira da súa propia casa porque as chamas estaban a afectar a uns arbustos que estaban pegados a un desaugadoiro da súa vivenda.

A detida pasou a disposición xudicial, tras o que quedou en liberdade con cargos. 

Comentarios