Detidas dúas mulleres por extraer pezas de roupa na cidade de Ourense

As dúas arrestadas, que tiñan antecedentes policiais por furto, chegaron a subtraer pezas cun valor de 6.000 euros

A Policía Nacional da Comisaría Provincial de Ourense detiveron a dúas mulleres como presuntas autoras de varios delitos de furto por subtracción de pezas de roupa.

Segundo informa a Comisaría, os feitos que motivaron a detención ocorreron ás 13,40 horas do pasado día 30 de outubro nun establecemento comercial situado na avenida Ribeira Sacra da cidade. 

Tanto o vixiante de seguridade, como as encargadas de dous establecementos téxtiles recoñeceron ás dúas mulleres como as presuntas autoras do furto de xénero téxtil en días anteriores; concretamente o 26 de outubro nunha tenda de roupa subtraeron pezas por uns 6.000 euros aproximadamente, e na segunda tenda, o día 28, catro abrigos por un valor aproximado de 810 euros.

Ante estes feitos procedeuse á súa detención e traslado a dependencias policiais co fin de continuar coas investigacións oportunas. As arrestadas son dúas mulleres de 39 e 45 anos, naturais de Romanía. Á primeira cónstanlle cinco antecedentes e á segunda un. Ambas as detidas, unha vez pasaron a disposición xudicial, quedaron en liberdade. 

Comentarios