viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Detido por roubo continuado e violación de morada en Boiro e A Pobra do Caramiñal

Ao saber da súa inminente detención introduciuse noutra casa sen permiso do propietario, cometendo un novo delito

Efectivos da Garda Civil do Posto Principal de Boiro e A Pobra do Caramiñal (A Coruña) detiveron na tarde-noite do sábado a un veciño do segundo municipio coruñés de 34 anos pola presunta comisión dun delito continuado de roubo con forza, violación de morada e desobediencia grave a axentes da autoridade. Segundo sinalou o Instituto Armado, o detido supostamente cometeu varios roubos con forza nas localidades de Boiro e A Pobra do Caramiñal e, tras ter coñecemento da súa inmediata detención, introduciuse nun domicilio en contra da vontade do propietario.

Para poder efectuar a detención a Garda Civil de Boiro e A Pobra foron apoiados por efectivos do Posto de Padrón e a unidade de Seguridade Cidadá USECIC/SIR da Comandancia da Coruña, que utilizaron medios de apertura para poder acceder ao inmoble. O detido e as dilixencias instruídas serán postos a disposición do xulgado de garda de Ribeira.

Detido por roubo continuado e violación de morada en Boiro e A...
comentarios