Detido un coruñés por 33 roubos en distintas vivendas de Bergondo

Tamén se lle acusa de dous delitos de subtracción de vehículos a motor

Un mozo de 33 anos veciño da Coruña foi detido como suposto autor de 33 delitos de roubo con forza no interior de vivendas estes últimos catro meses en varias parroquias da localidade coruñesa de Bergondo, así como por dous delitos de subtracción de vehículos a motor.

A investigación, enmarcada na operación Turubel, foi realizada por axentes da Garda Civil de Sada-Betanzos, en colaboración coa Policía Local de Bergondo, informa o instituto armado nun comunicado.

Tras a detención, practicada este mércores, os axentes rexistraron o domicilio do mozo, onde se incautaron de numeroso material subtraído, como reloxos, teléfonos móbiles, unha caixa forte, electrodomésticos e ferramentas, un computador portátil e unha tableta.

Os feitos foron denunciados nos cuarteis da Garda Civil de Sada e de Betanzos e postos en coñecemento do xulgado de instrución número 1 de Betanzos.

Comentarios