A Policía Local da Coruña detivo dous homes por supostos delitos relacionados con violencia machista.
A través dun comunicado, o Concello coruñés explica que ás 2.37 horas deste sábado acudiu unha patrulla ao barrio do Ventorrillo, onde detivo a un home de 36 anos, expareja dunha muller de 42 que denunciou recibir del puñadas e patadas.
O pasado xoves os axentes acudiron ao barrio dos Mallos, onde detiveron a un home de 36 anos residente en Fene (A Coruña), tras ameazar de morte e insultar supostamente á súa noiva.