Dúas persoas feridas tras caer co tractor por un desnivel en Vilardevós

Os efectivos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente os seus dous ocupantes foron trasladados en ambulancia

Un accidente de tractor rexistrado este xoves no concello ourensán de Vilardevós deixou a dúas persoas feridas, segundo informa o 112, no lugar de Arzoá, na parroquia de Berrande. Un particular informou ao 112 de que o tractor se caeu por un desnivel mentres estaba a traballar nunha montaña. Os seus dous ocupantes resultaron feridos.

O 112 recibiu a alerta ás 14.00 horas e os seus profesionais alertaron a Urxencias Médicas, aos bombeiros de Verín, a Protección Civil e á Garda Civil. Os efectivos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente os dous feridos foron trasladados en ambulancia a un centro sanitario.

Comentarios