Dúas menores resultan feridas nun accidente ocorrido en Arteixo

O vehículo no que viaxaban chocou contra unha casa

Dúas menores resultaron feridas no municipio coruñés de Arteixo tras chocar o turismo no que viaxaban contra unha casa. En concreto, o suceso tivo lugar na Travesía da Pastoriza.

Tras o sinistro, as menores foron trasladadas nunha ambulancia de Urxencias Médicas ao Hospital Materno da Coruña con lesións leves, segundo informou o CAE 112 Galicia.

O 112 recibiu a alerta ás 19.30 horas deste sábado e, ademais das forzas da orde e dos técnicos sanitarios, desprazáronse ata a Avenida da Pastoriza membros de Protección Civil da zona.

Comentarios