Dúas persoas falecen tras chocar cun camión en Rianxo

O sinistro tivo lugar na AC-305, á altura de Burés ► O turismo incendiouse antes de que puidesen ser liberadas
Estado en el que quedó el vehículo de Rianxo tras colisionar con un camión
photo_camera Estado en el que quedó el vehículo de Rianxo tras colisionar con un camión

Dúas persoas perderon a vida este xoves pola mañá nun accidente de tráfico en Rianxo. A parella viaxaba no seu vehículo cando chocaron contra un camión cando circulaban pola AC-305, á altura de Burés. 

Segundo informa o 112, o suceso produciuse ao redor das 13.50. Os ocupantes quedaron atrapados no interior do turismo que se viu envolto en chamas antes de que puidesen ser liberados. 

Ata o momento, descoñécense as causas da colisión e a vía permanece cortada ao tráfico.

Comentarios