Dúas persoas resultan feridas nunha colisión múltiple en Bergondo

No choque víronse implicados tres vehículos ► O mobiliario urbano viuse danado polo impacto

Tres vehículos chocaron este domingo pola tarde na AC-162, ao paso polo concello de Bergondo. Como consecuencia do golpe, dúas persoas resultaron feridas e foron atendidas polos profesionais de Urxencias Médicas no mesmo lugar do accidente. 

O sinistro produciuse ao redor das catro da tarde, concretamente, no lugar de Reboredo. Segundo explicaron os servizos de urxencias, a causa do impacto, resultou danado o mobiliario urbano que separa a calzada da senda peonil.

Así, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración do equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega Infraestruturas, así como da Garda Civil de Tráfico e do servizo sanitario de urxencias. Tamén avisaron aos Bombeiros de Betanzos.

Comentarios